lunes, 1 de junio de 2020

MOUCHOS E PEIXÍÑOS... RUMBO A PRIMARIA!!.

O FIN DE CURSO ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR!

MOUCHOS E PEIXIÑOS REMATAN A ETAPA DE INFANTIL E EN SETEMBRO VERÉMOLOS XA... EN PRIMARIA.










O TEMPO PASOU VOANDO!. VERDADE FAMILIAS?.

A ENTRADA DO BLOG, ESTA SEMANA, ÍMOLA ADICAR EN ESPECIAL A VÓS. 

Por este motivo queremos clarexar que, o alumnado e familias das aulas das Sereas, Piratas, Astronautas e Elefantes tamén podedes botar unha ollada á información que se plasma na entrada (para irvos facendo á idea cando vos toque...) pero, esta semana dámosvos descanso en canto a temática e actividades propostas.

Aproveitade, se queredes, para realizar ou practicar as suxestións que vos propuxemos nas anteriores entradas e que aínda puideron quedar pendentes.

IMOS POIS CON INFORMACIÓN ESPECIAL PARA MOUCHOS E PEIXIÑOS!

Antes que nada transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade. 
As mestras de Educación Infantil e Primaria coordinámonos sempre cada comezo de curso, e máis que o faremos neste que vén, dadas as carácterísticas do curso que remata. 
Esta coordinación consiste na transmisión de información (características, obxectivos, dificultades...) acerca do grupo clase e de cada alumno e alumna en particular á nova titora ou titor de primaria. 
Igualmente contamos co respaldo e asesoramento de Isabel Bestilleiro, responsable do Equipo de Orientación no noso centro.
Do mesmo xeito, o "feedback" (relación mútua) coa dirección do centro, co profesorado e co equipo de orientación que tivestes ata o de agora na Etapa de Infantil, seguirá a ser fundamental na Etapa de Primaria e estará presente sempre.

De seguido queremos amosarvos dous documentos importantes para que coñezades a nova etapa e vos preparedes para ela como familia (polo que supón de coordinación e en definitiva de estar pendentes uns dos outros). 

DOCUMENTO LEXISLATIVO.


DOCUMENTO PEDAGÓXICO.


E para os nosos "Pequenos Maiores" tamén temos un documento que vos vai gustar moito.

Mirade... se non fose porque o coronavirus se "atravesou no noso camiño", as profes teríamosvos preparadas dúas actividades moi chulas, para achegarvos á nova etapa que ides comezar:
- Houbéramos xogado un par de días no patio de primaria e...
- Iríamos visitar as dúas aulas de 1º de primaria.
Aproveitando esta última actividade, as nenas e nenos de primaria faríanvos entrega do... PASAPORTE A PRIMARIA!

Como esto non foi posible e o pasaporte é un documento imprescindible para poder viaxar (preguntade á vosa familia) e como vós, en setembro viaxaredes a 1º curso de Primaria... Aquí volo deixamos.


DEBEDES: imprimilo, cubrir o voso nome, decoralo ao voso gusto durante o verán, gardalo na vosa mesiña de noite e non esquecervos de traelo con vós o primeiro día de cole en setembro. 


As vosas profes de infantil estarán esperándovos, no patio dos maiores, para presentarvos ás novas profes (ou novos profes) e acompañarvos  ás clases de primaria pero... é imprescindible que amosedes o voso pasaporte. Así que... LEMBRÁDEVOS DEL!!.


(Se imprimides a dobre cara, dobrades pola metade e quédavos como un folleto A5 e senón, pegades as dúas caras brancas de cada  folio entre sí, dobrades e conseguiredes igualmente un folleto A5).


PASAPORTE A PRIMARIA.


XA VEDES COMO IMOS PREPARANDO O NOVO CURSO!. CON ILUSIÓN E LEDICIA!. 
ESTO NON NOS VAI FALTAR NUNCA. 

Queremos dicirvos que imos "pasiño a pasiño, facendo o camiño".
Desde o cole iremos comunicando calquera novidade sobre o novo curso en canto a recibamos dos organismos oficiais. 
Mentres tanto, a nosa esperanza está en volver a retomar a normalidade de outros cursos e... con esa ilusión AVANZAMOS.


NORABOA FAMILIAS POR ESTE PASO A UNHA NOVA ETAPA!!


8 comentarios:

  1. Muchas gracias profes !! Imposible no emocionarse, como pasó el tiempo y que recuerdos se llevan,tuvimos mucha suerte con todas las profes.Sois un gran equipo de infantil,un abrazo grande a todas en especial a carlota y maria José. �� Teo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Lucía. Pensando en lo mejor para nuestro alumnado e como enfrentamos cada día. Sin duda habrá habido días mejores y días peores, aciertos y errores... que nos enseñan a buscar la perfección como profesionales y como personas. Todo el equipo de centro a vuestra disposición siempre.

      Eliminar
  2. Graciñas!!! agardamos con impaciencia esta nova etapa, pero tamén con magoa de non poder despedir a etapa de infantil como estos nenos e nenas se merecen. Un recordo moi especial para todas as profes que pasaron polas clases dos mouchos e peixiños nestes tres anos. Unha grande aperta!😙

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Certo que é unha mágoa non ter ocasión de despedir esta etapa como normalmente o facíamos pero, a facilidade para adaptarnos ás circunstancias tamén é de apreciar porque realmente tanto o futuro coma o presente só podemos guialos, non controlalos.
      Graciñas pola vosa colaboración Sabela.

      Eliminar
  3. Unha pena nom poder facer un cambio tan importante como mereciais tanto profes como peques. Agradecidos de esta primera etapa de mouchiños y peixiños. Nos vemos en primaria. Gracias

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Fany. Allí estaremos presentes en primaria interesándonos siempre por la evolución de nuestros peques y como no saludándonos por los pasillos y en las actividades comunes del centro.

      Eliminar
  4. Muchas gracias profes!. Es una pena no poder despedir esta etapa como merecéis vosotras y los peques. Un abrazo muy grande. Nos vemos en Primaria. Besitos. Xoel

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias a vosotros Marina. Inimaginable esta situación... pero lo importante es haberla salvado y poder seguir el camino hacia un nuevo destino que supone para todos: familias, niños, niñas y docentes retos diarios a realizar. Feliz viaje a primaria!.

      Eliminar