NON ME ESQUEZO DE VÓS E HOXE SÁBADO, QUERO COMO CADA SEMANA, DARVOS A NORABOA POR TANTO QUE TRABALLADES XUNTOS: FAMILIA E FILLA, FAMILIA E FILLO.
SODES "UN EQUIPO CAMPIÓN" E ENCÁNTAME VER COMO REFORZADES, PRACTICADES E ATA REALIZADES NOVAS ACTIVIDADES.
AO COMPARTILAS ESTADES LEMBRANDO AOS DEMAIS E INCLUSO LLES DADES NOVAS IDEAS PARA LEVAR A CABO.
ALOIA por fin poido ir visitar aos seus avós de Franza e aquí a vemos gozando do sol e do campo, ao cabaliño do seu irmán Roi. Ah! e tamén nos mostra a súa fermosa pita. Con niño e todo!.
Aquí temos a CARMEN amosándonos as súas produccións desta semana das Letras e os traballiños de ABN. Fixádevos que bonito lle quedou o cadro pintado á acuarela do Xogo da Pita cega de Francisco de Goya. Ata luce no seu corcho... perfecto!
HÉCTOR quere ensinarnos todo o proceso para facer a súa pita e tamén esa fermosa manualidade de cunchas decoradas coas que formou a palabra HOLA. Ese saúdo vai para todos vós tamén. ¡Hola para ti también Héctor!. Da miña parte e da dos teus compis.


Pero este Astronauta non se esquece do resto de actividades que aquí nos mostra.
E aquí temos a JUAN que nos ensina o moito que traballou practicando ABN, axudando nas labores do fogar á súa mamá e pasando un rato divertido na praia de Zopazos. O paseo rematou en chapuzón pero seguíu a aventura coa pesca de... unha baralloca!. Por certo, foi unha pesca que compartíu con Manuel. Mirade os dous como observan ao peixiño. Estupendo Juan!. A seguir así.

Agora SABELA envíanos os seus traballiños que están... perfectos! pero... verdade que nos gustaría ver canto medrou?. Porque a mín díxome un paxariño que todos os Astronautas medrarades un montón. Veña... para a próxima queremos verte á vez que fas os traballiños!. Vale?. Anímate.
Aquí temos a SERGIO que... moi disposto no seu escritorio estanos a ensinar o ben que se organiza para facer as propostas. Xenial Sergio!. Encántame o interés que lle pos a todo.
Ah! E antes de rematar darvos as grazas pola vosa participación na proposta de Güino para a Semana das Letras Galegas "A sementeira de palabras". Se clicades neste enlace veredes o horto de palabras de cada etapa ou nivel.
Ata aquí o grande traballo dos Astronautas!. A seguir así meus pequerrechos! e non esquezades que vos quero... MOITÍÍÍÍÍÍSIMO!.
BIQUIÑOS MOI FORTES!
No hay comentarios:
Publicar un comentario