viernes, 25 de septiembre de 2020

A clase das... Vaquiñas!!!

 Esta semana xa estivemos case toda a mañá no cole, e a verdade é que os nosos pequenos e pequenas están levándoo realmente ben.

Moi pouco a pouco (como debe ser a estas idades), imos facendo cousiñas, como este novo espazo na aula, cos seus nomes. Presentámolos na asamblea, xunto coa súa foto, tendo en conta que as letras están moi presentes na súa vida cotiá: na mesa teñen o seu nome, nos seus materiais, nos contos que lemos...O resultado foi moi positivo nesta primeira toma de contacto, e hai que dicir que estiveron moi atentos á hora de buscar as letras do seu nome. E falando do nome...xa buscamos un para a nosa clase, que será o que nos acompañe nos próximos tres anos. Costounos traballo decidirnos porque había varios que nos gustaban, pero ó final fixemos unha votación e a partir de agora seremos "A clase das vaquiñas". 

Déixovos unhas fotos da nosa semana!








































4 comentarios: