Esta semana, na aula das Vaquiñas, tivemos unha visita moi especial. Güino, a mascota da biblioteca, tróuxonos unha carta, na que nos pide que investiguemos sobre os monumentos da nosa vila (tendo en conta que o Proxecto de centro deste curso leva por título "Pontedeume, a nosa vila", coincidindo co 750 aniversario da fundación do noso pobo). Estivemos pensando nos monumentos que coñecemos, e a Vaquiña Clara díxonos que desde o porto podemos ver o Castelo de Andrade!!!! E todos lembraron que no Torreón este ano estiveron os Mómaros vixiándonos, xa que non poideron saír a bailar a causa do Coronavirus, así que algún monumento xa coñecemos.
Ademáis, déixovos unhas fotos desta semana, cun novo espazo de construcción que tivo moito éxito (este grupo demostra a súa imaxinación e creatividade en cada actividade que fai); e un novo material, os resaques Montessori, que lles axudan a mellorar a motricidade fina, a atención, a musculatura, as formas xeométricas, e ademáis son unha boa preparación para a escritura.
















































Muy chulo, como siempre. Gracias profe por enseñarnos vuestro trabajo semanal.😘
ResponderEliminarMoitas gracias a vós, familias! A verdade é que é un grupo moi participativo, e son moi traballadores/as
ResponderEliminarCanto traballo e diversión. Que ben o pasan!!
ResponderEliminarGraciñas profe! Da gusto vervos na clase!
ResponderEliminar