Coa chegada do outono, as árbores quedan sen follas. Mentres ás árbores van quedando espidas, nós aproveitamos para desfrutar do patio e xogar coas follas que xa están no chan. Pasámolo xenial!!
Xa na clase, fixemos dúas follas que nos qedaron chulísimas. Primeiro picamos unha folla a que estampamos con témperas das cores do outono (vermella, marrón, amarela e laranxa) e coas que fixemos unha cortina para a ventá do baño. Parece que estaban caendo as follas de verdade.
Pero, aínda fixemos máis, coa cartoliña que nos quedou ao picar a folla, fixemos un cadro do outono. Con témperas pintamos a folla pero, ao esparcila coas mans non nos manchábamos, parecía máxia.
Permitiunos sentir a témpera nas mans, o seu tacto e percibir moitas sensacións, así como ver coma se mesturaban as cores.
BENVIDO OUTONO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario