OLA A TODOS E TODAS!!
As mestras Dámaris e Lidia seguimos tentando que as clases sexan o máis manipulativas e divertidas posibles, sempre dentro do que nos permite a "nova normalidade" do centro.
Consideramos que seguir empregando a metodoloxía ABN para a adquisición de contidos lóxico-matemáticos é o máis apropiado para os nosos peques; así como conseguir un achegamento á lecto-escritura de xeito lúdico, motivante e significativo para eles, tendo sempre en conta que o primordial nestes intres é velar pola saúde de Astronautas e Elefantes así coma de todos nós.
Co afán de conseguir asentar estos tres pilares na metodoloxía deste curso, deseñamos uns kits individuais de lecto-escritura e de ABN, dos que xa vos falamos na entrada anterior. Con eles traballaremos na clase e tamén servirán para empregar na casa ante posibles confinamentos ou nas vacacións.
Dentro da aula, permitirán que nenos e nenas poidan participar nas diferentes actividades cos seus materiais individuais, sen necesidade de mantelos en corentena ou desinfectalos constantemente entre neno ou nena, evitándolles esperas eternizantes.
Agora ben, PARA PODER POÑELO EN PRÁCTICA PRECISAMOS DA VOSA COLABORACIÓN.
Nesta entrada presentámosvos varios PDF (tres de lecto e un de ABN) para que os descarguedes, imprimades e preparedes para os vosos fillos. Os pasos a seguir para a súa elaboración son os seguintes:
1. Imprimir os documentos: as grafías das letras podedes imprimilas por diante e por detrás para aforrar (a dobre cara), sobre todo á hora de plastificar posteriormente.
.
2. Recortar aquelas fotocopias que sexa preciso: No pdf de ABN está indicado nas fotocopias que sexa preciso e nos documentos de lecto só hai que recortar o pdf do vocabulario variado (o de asociar as palabras en maiuscula e minúscula co debuxo: recortarase debuxo-palabra-palabra individualmente).
3. Pegar en pliego de plástico propio de plastificar (aproveitade os espazos para aforrar o posible, non importa que se mesturen contidos xa que logo serán recortados).
5. Recortar o plastificado que sexa preciso (só aquel que xa recortaramos previamente) e nunca ao rente senón deixando un milímetro aproximadamente de plástico transparente.
Sabemos, por experiencia propia, que é un traballo laborioso e que require un pouquiño de esforzo pola vosa parte, pero paga a pena polo motivador e aproveitable que resulta para a aprendizaxe dos nosos nenos e nenas.
Propoñémosvos ter listo e entregado o material a cada titora para a semana do 16 ao 20 de novembro.
Esperamos que entre todos poidamos conseguir que Elefantes e Astronautas sigan gozando da escola e aprendendo da forma máis eficaz posible dentro da situación que nos toca vivir.
GRAZAS FAMILIAS, POLA VOSA AXUDA INCONDICIONAL!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario