viernes, 4 de diciembre de 2020

Día da discapacidade

 O xoves día 3 de decembro celébrase o Día da discapacidade. Na aula das Vaquiñas estivemos vendo un vídeo dun conto moi coñecido "El cazo de Lorenzo". E na hora de ler descubrimos un libro novo "¿Sabes quién soy?". Gustounos moito e a partir de aquí falamos un pouquiño sobre o que significa ter unha dificultade, de que todos/as somos diferentes e da importancia da axuda para que todos e todas poidamos ser capaces.

Ademáis, preparamos unha nova proposta de matemáticas que nos tivo moi motivados esta semana. Eliximos un dos números de lixa de inspiración Montessori, repasámolo co dedo índice, despois colocamos a cantidade de pompóns asociado a ese número e por último, intentamos escribilo. A algúns aínda nos custa un pouquiño recoñecelos, escribilos ou facer o conteo, pero o importante é o esforzo, a motivación e a axuda mutua. Avanzamos pasiño a pasiño. 






















































6 comentarios:

  1. Nótase que o pasan moi ben e están motivados. Nós vemos os avances na casa ������

    ResponderEliminar
  2. Que ben, mamis!!! Canto me alegro! Eu tamén lles noto o cambio día a día!

    ResponderEliminar
  3. A Aine encántalle ver as fotos e explicarnos á familia o que fixeron. Reclámao todas as fins de semana!

    ResponderEliminar