viernes, 22 de enero de 2021

O QUE DE VERDADE IMPORTA

É difícil empezar a escribir a entrada desta semana, así que o vou facer cunha mensaxe de ánimo, apoio e esperanza para toda a comunidade educativa. E sobre todo para aquelas familias que por diversos motivos teñen que permanecer nas súas casas. A covid non nolo está poñendo nada fácil. Aínda así, agardo e confío que pronto volvamos a compartir mil e unha aventuras na escola!

A pesar da situación, a actividade na nosa aula non para (aínda que a un ritmo máis lento). Seguimos inmersos no Inverno, con actividades plásticas que empezamos a semana pasada, e cos bonecos de neve seguimos a traballar o conteo, a asociación grafía cantidade e intentamos atopar o número oculto.

Tamén estamos a pasalo moi ben co novo circuito de coches.

E esta mañá experimentamos coas tonalidades da cor azul, empregamos auga e colorante, e en cada vasiño puxemos un número de gotas. Observamos e comparamos a cor que nos saiu coas caixas de cor de inspiración Montessori. Isto permitiunos traballar diversos aspectos, tales como o conteo, a motricidade fina, percepción e discriminación das cores, a concentración ou a atención.

E xa por último, os contos da semana, La mejor sopa del mundo (un conto cuns ingredientes e elaboración moi recomendables para os tempos que corren) e Paco y el rock (un libro musical que nos fixo bailar moito!).



































































2 comentarios: