jueves, 11 de febrero de 2021

CANDO AS VAQUIÑAS VOAN ALTO

 Esta semana foi moi especial porque xa estamos todos/as de novo na escola, así que entre o Entroido e as celebracións varias, estivemos moi entretidos/as e moi contentos/as de volver a estar xuntos/as de novo.

E xa que hoxe, día 11 de febreiro se celebra o Día da muller e a nena na ciencia, fixemos unha actividade partindo do conto Cuando las niñan vuelan alto. Despois da lectura, falamos un pouco do seu  significado, e de que poderemos voar todo o alto que queiramos. E para isto, necesitamos unhas ás ben grandes, así que as pintamos empregando témperas fluorescentes e luz negra e despois sacámonos unha foto con elas. A profe Sonia, ao vernos traballando tanto, prestounos dous contos moi bonitos para ver co efecto da luz negra (Leotolda e Qué bigotes me pasa?). Tanto lles gustaron que tiven que ler os dous seguidos!!!. E a Vaquiña Aine tamén contribuiu a esta celebración cun conto de Marie Curie que nos encantou.

E tendo en conta que o 14 de febreiro é o día de San Valentín, tamén fixemos unha postal para que os nenos e nenas lle regalen a unha persoa á que queiran moito! Acompañamos esta actividade cun conto que se chama Así es mi corazón.

(Graciñas ao Cra de Valga e á profe Sara por servirme de inspiración para a miña aula) 

Ollade o resultado do noso traballo!





























































2 comentarios:

  1. Que felices se les ve en las fotos! Me encanta la actividad con fluorescentes 👏👏👏 bueno, me gustan todas!!! Un abrazo profe

    ResponderEliminar