A pesar de que o COVID-19 segue entre nós e non nos dá nin un respiro, non quixemos que o espíritu carnavalesco desaparecera e, o noso Esqueleto Manolo seguíu a mandarnos traer cada día unha cousa diferente. Eso sí, como non nos puido visitar por mor das medidas covid, mandounos unhas mensaxes que colgamos na páxina web do cole para que todos e todas as puidesen ver. Pois ben, este ano, tocou traer... algo na cabeza... os calcetíns e zapatos desiguais... algo no pescozo... e a cara pintada!!
O venres, todos viñemos disfrazados da Idade Media. Na clase dos elefantes tivemos un pouco de todo: O conde de Andrade, nobres, cabaleiros, campesiños e ata un dragón. So hai que ver as fotos para darse conta do fermosos e fermosas que viñan!!
E... ata organizouse un torneo que tíñamos que superar para converternos en cabaleiros e cabaleiras e poder lucir o medallón de Pontedeume. Como era de esperar... PROBA SUPERADA E... DIVERSIÓN ASEGURADA!!
Deixovos o torneo completo no seguinte video.
No hay comentarios:
Publicar un comentario