Boas familias!
O Entroido deu para moito, aquí tedes unha mostra delo!
A profe María José e as súas Vaquiñas prestáronnos a súa luz máxica, que aproveitamos para contar o conto de Leotolda e para experimentar coas cores fluorescentes e o efecto da luz negra. Quedamos abraiados co bonitas que lucían estas cores!
Tamén realizamos esta outra actividade na que nos fixemos un "disfraz" a partir da nosa foto empregando libremente distintos materiais.
E para rematar, aquí podedes ver o guapas e guapos que estabamos o venres vestidos de medivais.
Algunhas ata mercamos o traxe no mesmo mercado medieval.
No torneo tivemos que superar moitos obstáculos, pero fixémolo tan ben que conseguimos o escudo de cabaleiras e cabaleiros dourados da vila de Pontedeume!
No hay comentarios:
Publicar un comentario