sábado, 20 de febrero de 2021

QUEIMA DO ENTROIDO



Aquí nos tedes aos Astronautas ben elegantes, cadaquén co seu disfrace preferido, para dicirlle adeus ao Entroido!. 

Este ano non puidemos despedir en directo ao entroido, representado por un boneco xigante con cabeza de repolo e bandullo recheo de papel. Así que non quedou outra que achegarnos á súa queima a traverso do Canal de Youtube do Couceiro. Prestos á cita, aquí nos tedes ben atentos acompañando a típica cantiga da nosa vila "Xa morreu".

-Xa morreu!
Xa morreu!
dunha enchente que comeu.
Non chorar!
Non chorar!
que o vamos enterrar.
-Este Antroido que aquí vai
éche un valiente animal,
en vez de ir en automóbil.
vaiche dentro dun tabal.
-Ai la, la, la, la.
Ai la.
Ai la, la, la, la.
Ai la.
Ai la, la, la, la.
Ai la, la, la, la.
-Subeu polos Espenedos
e baixou polo Escorial.
E chegou a Pontedeume
o martes de carnaval.

Ata o vindeiro curso Entroido!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario