Aquí nos tedes... guapísimos!!
Xa o venres e como axuda ao estudo sobre a nosa vila e o 750 aniversario da súa fundación...
viñemos disfrazados coma na Época Medieval.
Mirade que elegancia!
E como remate da xornada festiva puidemos gozar dun estupendo Torneo Medieval. Pasámolo xenial e non houbo proba que se nos resistise: esquivamos crocodilos, non espertamos a ningún dragón, amosamos o noso grande equilibrio, saltamos obstáculos e rematamos cunha gran puntería lanzando as nosas pesadas pedras "destrúe murallas".
Tan ben o fixemos que... fomos merecentes de ser nomeados cabaleiros impoñéndonos a cada un o noso medallón!!.
DE NOVO... MIL GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA IMPLICACIÓN!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario