sábado, 24 de abril de 2021

SEMANA DÍA DO LIBRO







23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO








    O luns, GÜINO TROUXONOS UN RETO para facer ao longo de toda a semana e... se o conseguíamos resolver, o venres  convidábanos a ir visitalo á biblioteca para darnos un premio.






Como era de esperar, os nenos e nenas da clase do elefantes puxéronse máns á obra e... vaia sorpresa!! Güino trouxono un xogo par aparender moitas cousas sobre Pontedeume.

Ademais de recordar moitas das cousas que xa nos explicara Silvia na saída que fixemos pola vila, pasamolo xenial xogando a "BRINCANDO POR PONTEDEUME"











   RETO SUPERADO!! Polo tanto, o venres fumos á biblioteca entregarllo a Güino e recoller o noso premio. Ao chegar, levamos unha grata sorpresa. Güino tíñanos preparada unha SELECCIÓN DE CONTOS MUSICAIS. Que ben! Levaremos algún deses contos tan chulis para a clase!!







Xa para rematar este día tan emocionante. A clase dos astronautas tíñannos preparada unha CAIXA CON LIBROS QUE NOS RECOMENDABAN LER porque a eles lles gustaran moito.



Por suposto, nós tamén preparamos outra caixa para os nosos compis de nivel. Nos seguintes videos podedes ver as nosas recomendacións.










LEMBRADE CUN LIBRO PODEMOS VIVIR MIL E UN AVENTURAS. 


ANÍMATE A ADENTRARTE NO MUCDO DA LECTURA!!














No hay comentarios:

Publicar un comentario