viernes, 14 de mayo de 2021

Letras Galegas e Día da Familia

Esta semana estivemos moi entretidos! O luns celebramos o aniversario da Vaquiña Anahí, que xa ten 4 aniños!
Ademáis, tiñamos aínda pendente o café coa profe Isabel, así que o martes convidámola e encantoulle! Non só o café, senón tamén poder compartir un anaquiño da súa mañá con nós. (Tomouno no despacho, porque na aula non podía sacar a máscara).
Como este ano o Día das Letras Galegas vai dedicado a Xela Arias, tamén estivemos aprendendo un pouquiño sobre esta Escritora; pintamos a súa cara con acuarela, e hoxe fixemos varios xogos. Ao rematar e tendo en conta que completamos todo sen problema, levamos a peza que nos tocou, para entre todo o cole poder completar un puzle de Xela Arias.
E como mañá, 15 de maio, se celebra o Día da Familia, fixemos un imán con plástico máxico (é unha lámina de plástico que necesita ir ao forno e queda máis pequena).
Despois da lectura do conto Un poema para curar a los peces, decidimos que nós tamén podiamos facer unha poesía para celebrar un día tan especial, así que cada Vaquiña deixou voar a súa imaxinación, e quedou un poema moi fermoso! (espero que o disfrutedes tanto coma nós facéndoo). 
Tamén lemos o conto Un puñado de botones, que nos axudou a entender que hai diversos tipos de familia e que todas son respetables. A partir de aí, con varios botóns seguimos debuxando familias.
Ollade a nosa semana...


















































2 comentarios:

  1. Profe, estamos encantados co teu traballo, noraboa 🤗🤗🤗 e por suposto co das Vaquiñas tamen 😘

    ResponderEliminar
  2. Graciñas María! Que bonitas palabras! Eu encantadísima tamén, coas familias e con este grupo tan especial que me tocou! 🥰😘

    ResponderEliminar