viernes, 18 de junio de 2021

FELIZ VERÁN!

 Para rematar este curso, déixovos un vídeo cun resumo do que foi o primeiro ano no cole de maiores dos vosos pequenos/as (baixeille a calidade para subir ao blog, porque senón pesa moito, pero teño outro con mellor resolución). Resultoume difícil entre tanta foto, e entre tantos momentos...

Aínda lembro o primeiro día, as cariñas de susto, algún choro (pero moi poucos) e algúns que non querían nin sacar a mochila. Todo iso foi cambiando pouco a pouco para dar paso a grandes momentos, experiencias, xogos, actividades... A pesar de que foi un curso difícil, formaron un gran equipo! Eu quedo con todos eses momentos, coas historias vividas, coa implicación e a actitude das Vaquiñas en tódolas propostas, coa súa espontaneidade e con todo o que compartimos, que foi moito e moi bo!

Déixovos as recomendacións de Güino para este verán. As miñas recomendacións (ademais das lecturas, que son a mellor forma de comunicación, imaxinación, aventura, creatividade...) son: xogar e disfrutar moito dos vosos fillos e fillas!!!!

E por último, subo tamén as fotos dos aniversarios de xuño, xullo e agosto!!!

Espero que pasedes un Feliz Verán, e saúde, moita saúde.

Unha aperta!








RECOMENDACIÓNS DE GÜINO



















6 comentarios:

  1. Moitas grazas a ti por ser tan boa educadora e facerlles un ano tan bó. Descansa e disfruta do verán!

    ResponderEliminar
  2. Igualmente Ana!!! Que pasedes un Feliz Verán!!!! E grazas por todo! 😘😘😘

    ResponderEliminar
  3. A pesar de todas as dificultades deste curso, estas crianzas aprenderon e gozaron do cole superando todos os obstáculos. Parabéns a elas e, especialmente, á Mestra que o fixo posible! Moitas grazas!

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas tamén a vós, Miguel!!! A verdade é que este grupo é xenial! Con elas e eles todo é máis doado! Feliz verán tamén para vós! E grazas, de corazón, a tódalas familias das Vaquiñas! Sodes e son estupendas! 😘😘😘

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas por todo! Pensaba que sería todo mais difícil este ano pero con todo o esforzo dos profes e dos coidadores (comedor e madrugadores) saiu para adiante. E os pequenos felices e aprendendo moito que é o que lles toca.

    ResponderEliminar
  6. Siii, ó final foi un curso moi bonito(a pesar das dificultades). Espero que pasedes un Feliz Verán!! 😘😘😘

    ResponderEliminar