viernes, 11 de junio de 2021

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN!

 O luns fixemos unha saída á praia de Zopazos que foi todo un éxito! Ese día xa chegamos á escola con moita ilusión e a verdade é que o pasamos xenial. Fixemos moitos castelos, xogamos coa area, atopamos cunchas...e portámonos moi ben, coma sempre!

Ademais, esta semana rematamos de pintar as cousiñas que fixemos con pasta de modelar, que a pesar de que non quedaron moi vistosas, ás Vaquiñas fíxolles moita ilusión pintalas e levalas para a casa.

E hoxe, venres, tivemos unha actuación especial, a de Ce Orquestra, e encantounos! A Vaquiña Anahí ofreceuse a bailar unha canción (e fíxoo moi ben!), Ara díxolle en plena actuación que o conto que tiña tamén o tiña ela na súa casa, e Vega, tamén en plena actuación, que tiña que contarlle unha cousa (que lle gustan moito os leóns). Tamén foi toda unha aventura ir ao patio de arriba. Estamos encantados de poder volver realizar este tipo de actividades! Agardamos que a situación siga mellorando....

Ollade a nosa semana!





































































2 comentarios: