viernes, 1 de octubre de 2021

CARTA AOS NENOS/AS DE LA PALMA

 Esta semana estivemos falando do volcán de La Palma e de que houbo moitos nenos e nenas que perderon o seu colexio, que quedou enterrado baixo a lava (quedei impresionada do informados que están e do ben que me explicaron o que estaba pasando) así que seguindo a iniciativa "Una carta, una sonrisa", decidimos tamén nós escribirlle unha carta de ánimo, que nos quedou moi bonita ( pero o máis importante é que fomentamos valores como a empatía ou a axuda e de paso traballamos a comunicación a través da escritura). 

Fixemos tamén unhas mandalas de outono con elementos naturais que quedaron moi vistosas, creativas e diferentes. E por último, traballamos o vocabulario, a conciencia fonolóxica e a lectoescritura a través do conto El abecedario travieso (grazas profe Sara pola idea e grazas Profe Sonia por deixarnos este conto tan especial!) no que a partir das ilustracións tiñan que buscar palabras que empezaran pola letra sinalada, crealas a través das letras de madeira e por último, escribilas. 

Ollade que ben o fixeron!
























































2 comentarios:

  1. Un gustazo, coma sempre, poder ver este recuncho cada venres😘

    ResponderEliminar
  2. Graciñas María!!! Xa sabedes que me encanta subir entradas cada semana!!!🥰🥰🥰

    ResponderEliminar