viernes, 5 de noviembre de 2021

ANIVERSARIO DE ERIC E MÁIS!

Pois a pesar de que esta semana tivo un día menos, na Clase das Vaquiñas seguimos con moita actividade! Hoxe celebramos o Aniversario de Eric. Lembrades a tele coa que gravamos o vídeo de Pontedeume o curso pasado? Pois transformámola e con ela fixemos unha vaca que nos serviu de Photocall! E que ben o pasamos! E este ano a novidade é o cadriño feito polos/as compis (este verán buscando recursos para a aula, vin este que me pareceu moi bonito e pensei que ás nosas Vaquiñas tamén había gustarlles. E xa de paso aproveitamos e traballamos a Arte!). 

Tamén nos divertimos cun novo xogo de mesa (xa vos teño falado da importancia destes xogos), Mental Blox Jr., que ten varias tarxetas nas que hai varios desafíos (buscar a peza que falta, atopar a que é diferente...). Primeiro deixeilles que manipularan as pezas, as apilaran, etc e despois traballamos coas tarxetas. Gustoulles moito, e de paso fomentamos a memoria, a observación, a concentración, a resolución de problemas ou a creatividade.

E por último, este curso volveu á aula o espazo da creación libre (tendo en conta o que lles gusta pintar, crear, etc). Introducímolo a través do conto El punto, xa que este ano temos uns rotus para facer puntos e están encantados/as. Moito lles gusta este recunchiño!

Ollade a nosa semana!















































































2 comentarios: