lunes, 8 de noviembre de 2021

O COLE DE MAIORES... UNHA AVENTURA!

    Os nenos, nenas e mestra de 3 anos A xa podemos dicir que "formamos parte activa de unha das tripulacións" do Couceiro Freijomil. 

    O "noso barco zarpou" hai case dous meses e cadaquén embarcou cunha maleta chea de medos, inquedanzas, desexos, soños, intereses, costumes, hábitos...  

    Ao principio con algunha que outra bágoa, mocos, inconformidades, desexos de "estar con mamá"... Nada que non sexa normal cando calquera de nós se embarca cara a un novo destino. Adoito dicir que esta adaptación pola que atravesaron os vosos pequenos reflicte realmente "a vida mesma". 

    Pouquiño a pouco estamos a  coñecérmonos e desde o respecto ás nosas individualidades, artellamos fios que nos conducen a unha convivencia na que todos saímos beneficiados e fortalecidos: normas claras, hábitos, rutinas constantes, xogos de socialización e diferentes actividades...

    Pedirvos e agradecervos de antemán a vosa implicación, para que esta nova etapa sexa o máis beneficiosa posible no desenvolvemento do voso fillo e filla e por extensión na covivencia da aula e do cole.

    De seguido amósovos en imaxes...

OS PRIMEIROS DÍAS NA AULA




AS RUTINAS DE AULA

CHEGADA E ASEMBLEA: 
Aprendemos a sacar a chaqueta, darlle volta ás mangas, colgala na cadeira e suxeitar enriba dela a mochila.
Colaborando cos compañeiros para colocar o banco no seu lugar e poder sentar para realizar máis cómodos o noso faladoiro, ter conta de quen está e quen falta (antes tivemos que recoñecer a nosa foto e o noso nome), recoñecer o día da semana no que estamos, o do mes, o nome do mes, o tempo que vai...
Pero o que máis nos divirte e cantarlle a canción de "Buenos días" á amiga ou ao amigo elixido. 




AS ACTIVIDADES:
Nestes inicios na escola de maiores temos momentos de organización de aula (panel dos aniversarios), de estreitar lazos de amizade motivados pola visualización de contos e a dramatización dos mesmos, de comezar por equipos a explorar diferentes recursos mentres a mestra rota polos mesmos coa actividade que precisa máis da súa presenza e de divertirnos escenificando a cantiga de "Coco en su río".


A PARVA, A HIXIENE E A ORDE:
A xornada no cole é agotadora e convén repoñer forzas. Antes de cargar as baterías limpamos ben as mans con toalliñas (facendo un exercicio de psicomotricidade fina co que estimulamos a motivación dos nosos dedos e aprendemos como se chaman) ou lavando as mans (cunha cantiga que nos invita a lavar, enxabonar, frotar e escorrer). Logo imos en orde botar a toalliña no lixo, a encargada desexa a todos Bo proveito, Buen provecho, Enjoy your meal e Bon apetit e... a comer!!.
Ao rematar recollemos as nosas friameiras, lavamos os cubertos e secámolos, lavamos as mans e se o necesitamos limpamos a mesa.
Aprender a ser autónomo conséguese practicando e con estes hábitos e outros, como soar os mocos ou organizar as nosas pertenzas na aula, estamos a conseguilo día a día. 

OS LUGARES DO COLE E NOVOS MESTRES E MESTRAS
Non so aprendemos na aula. No cole temos a aula de psicomotricidade na que o profe Javi nos ensina a poñer en forma o noso corpo. Alí tamén facemos o recreo cando chove. Este lugar xunto co ximnasio de maiores turnámolo cos nosos compis de 3 anos B cando o tempo non nos permite estar ao aire libre.
Ademáis da profe Dámaris temos outras profes: Cristina que nos ensina inglés e Zoraida coa que aprendemos a manexar a pizarra dixital. O profe Sergio axúdanos a levar o ritmo ensinándonos... música!.

E PARA REMATAR... MIRADE COMO GOZAMOS... DOS 
CABEZUDOS DO COUCEIRO!!




CONTINUARÁ...

10 comentarios:

  1. Gracias....da gusto ver cómo disfrutan... xiana está muy contenta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Es algo que buscamos todos. Que aprendan contentos. Gracias por estar aquí.

      Eliminar
  2. Muchas gracias!! Lo pasan genial!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. La verdad es que esos momentos son los mejores y hacen que se lleven mejor los pequeños esfuercitos que a todos nos cuestan más. Gracias por estar aquí.

      Eliminar
  3. Gracias por enseñarnos estos momentos tan chulos

    ResponderEliminar
  4. Un placer. Intento que todo lo publicado os acerque a las vivencias en las que se aprecian las grandes capacidades de nuestros niños y niñas, que no solo pueden poner en práctica en el cole sino que pueden y deben ser extrapolables a casa y a la familia. Así todos colaboramos en su desarrollo.

    ResponderEliminar
  5. Muchas gracias por compartir con nosotros las experiencias de nuestros niños. Es super chulo poder verlos! Gracias por es trabajo y el esfuerzo de montarlo.

    ResponderEliminar
  6. Gracias a vosotros. Me alegra que estéis siguiendo la evolución de nuestros peques por este medio y que también os sirva para orientaros un poquito acerca de como avanzan y como podéis reforzar estos avances desde casa.

    ResponderEliminar