lunes, 15 de noviembre de 2021

CELEBRANDO O OUTONO!!

     

O comezo no cole chega rematando o verán e co inicio dunha estación chea de cor. Amarelos, marróns, laranxas, vermellos... podémolos ver na natureza que nos rodea. Este trimestre achegámonos a eles de xeitos moi diferentes: observando, experimentando, creando e celebrando. 

Amósovos un resumo do vivido e gozado ata o momento polos nosos peques:

LECTURAS ÁS ESCURAS E SAMAÍN.

Aquí nos tedes aproveitando que aínda chegamos ao cole con escuridade dabondo para que as nosas lanternas creasen ese misterio para gozar dos libros da nosa biblioteca de aula.


Despois de compartir cos compañeiros como foi o deseño da nosa cabaza e o moito que lle axudamos a mamá e papá a decoralas, saímos ao corredor principal a ver as fermosas cabazas dos maiores do cole. Para rematar posamos fachendosos coa nosa cabaza.


PEÓN E MAGOSTO.

Desde o Xardín do Pasatempo chegounos unha invitación de Güino para achegármonos a saudalo pois nos tiña preparada unha exposición na que nos explicaba o antigo que era o xogo de bailar o peón. 
Encantados, encamiñámonos a coñecer a biblioteca do cole, o lugar onde Güino coida os libros máis interesantes que temos no Couceiro.
Iamos emocionados e aínda que algunha compañeira estaba un pouco nerviosa por coñecer outro lugar diferente á aula, unha vez alí, poido respirar tranquila porque... sabedes?. A nosa biblioteca é un lugar moi acolledor. 
Alí estaba Güino que nos presentou o Manifesto de Peón e nos deixou gozar dos traballos que, sobre esta tradición, realizaron durante moitos anos os alumnos do cole.
Xa estabamos deseando que chegase o San Martiño porque 
"Polo San Martiño, peóns ao camiño"!!








E chegou o 11 de novembro, día de San Martiño. Comezamos a xornada escoitando un conto moi fermoso "A historia da castaña Catarina"
Gustounos tanto que despois de lelo ocorréronsenos algunhas actividades moi fermosas que iremos amosando pouco a pouco. Estade moi atentos!!. 
A primeira delas xurdíu logo da lectura do conto e foi observar moi de preto aqueles ourizos que nos que vivían Catalina e a súa irmá. E... aquí nos tedes posando con eles, cos nosos PORTACASTAÑAS e con CATARINA COMECASTAÑAS preparados para a festa do Magosto. Fomos uns campións e unhas campionas porque non tivemos medo a que nos picasen. Bueno... algún si!. Ja,ja,ja!!
Pero o mellor estaba por vir e para comezar... mirade o que nos divertimos con estes ourizos.
Despois de amosar a nosa destreza abrindo ourizos chegou o momento de BAILAR O PEÓN. Algúns tentamos bailar o peón de maiores pero o certo é que non resulta doado e a profe ensinounos como se pode preparar unha peonza reciclada: cun tapón e un pauiño. E sabedes unha cousa familias?. Que agora descubrimos o importante que é "o piquiño de paxariño". Mirade, mirade como practicamos colocando correctamente índice e polgar. 

E por fin chegou o MAGOSTO (do que se librou Catarina, pero non así a sua irmá que foi unha das castañas que recibíu a caloriña das brasas). O noso primeiro magosto tivo unha aceptación ben diferenciada. Houbo nenos e nenas que se animaron a probar as castañas e repetir varias veces pero outros apenas lles meteron o dente. De seguro que o vindeiro outono, estes últimos, animaranse un pouquichiño máis a probar o froito do castiñeiro. 
Rematamos esta xornada festeira practicando a nosa puntería "dándolle de comer" a Catarina Comecastañas. O certo é... que o pasamos en grande!. 
ATA O VINDEIRO MAGOSTO!!

10 comentarios:

  1. Me encanta ver como se siguen las tradiciones. Q chulo. Muchas gracias

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ahí estamos a pesar de los protocolos escolares. Intentando poco a poco normalizar las actividades. Echamos de menos poder pintarnos la cara con las castañas, como decía el cuento. Porque el asado de horno es demasiado "finolis". Je, Je!!. Gracias a ti por vernos.

      Eliminar
  2. Pero qué ben o pasan...así van tan contentos ó cole!!! Gracias Dámaris!!!

    ResponderEliminar
  3. Alégrome de que veñan contentos. É o primeiro paso de apertura cara ás aprendizaxes. Saudos.

    ResponderEliminar
  4. Muchas gracias Dámaris! Me encanta ver cómo disfrutan!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O certo é que no medio deste gozo estamos a crear novos lazos de amizade que favorecen tamén as aprendizaxes. Son estupendos!

      Eliminar
  5. Me encanta lo bien que lo pasan🥰así va súper contenta al cole😅

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Sandra. Esa ilusión por el cole es lo que favorece que todo minuto de juego y esfuerzo sea super aprovechado.

      Eliminar
  6. Muchísimas gracias por el reportaje ...da gusto verlos y que bien lo pasan ... xiana no para de ver las fotos y los videos...le encanta

    ResponderEliminar
  7. Gracias a vosotros. Aunque a veces tarde un poquito en publicar... os pido paciencia pues intento dar forma a las entradas y que, a la vez de disfrutar con fotos y vídeos, sepais lo que busco para favorecer el aprendizaje con cada actividad.

    ResponderEliminar