lunes, 15 de noviembre de 2021

XA TEMOS NOME PARA A NOSA AULA!!

Hai un tempo algún dos pequenos de 3 anos A, que temos irmáns noutras aulas veciñas, interrogamos á mestra sobre... como se chama a nosa aula. Ela pedíunos unha cousa que se chama "paciencia" pois debiamos esperar a estar todos un pouquiño máis tranquilos e acostumados ao cole para poder escoitar mellor, pensar, decidir e facer unha boa elección.

Pouquiño a pouco e co paso do tempo, as actividades do cole e da aula fixeron que nos fósemos preparando para esta e outras moitas decisións que temos que tomar no día a día.

Pois ben... o pasado venres, na asemblea, fomos quen decidir como nos chamaremos desde o 12 de novembro de 2021 ata que remate o noso paso por Infantil. Aínda que este será un nome que non esqueceremos por moito que pase o tempo.

Despois de explicar que as diferentes aulas que están no noso corredor teñen un nome e, de que os compis con irmáns nelas nos dixesen como se chamaban (Piratas e Sereas) escoitamos que alguén na clase dicía... BOMBEIROS!. Outro compi contestou: - Si bombeiros. Ao que seguíu outra compañeira. - Pues a mi me gustaría sirenas. A profe aclarou que non podiamos ter o mesmo nome que outra aula, pois se chegamos a estar xuntos no patio (cando remate o covid) e a profe chama por nós... mesturariamonos os nenos e nenas das dúas aulas. - Patos. - Ambulancia (bueno... pensamos que máis ben médicos, doutoras, enfermeiros, enfermeiras...). 

Logo de anotar todas as opcións na pizarra e de facer a correspondente votación... tiveron máis raíñas... 

OOOOOOOS BOMBEEEEEEEEIROS!!.


5 comentarios:

  1. Blanca está siempre diciendo que quiere ser bombera y yo sin saber de donde lo sacará jaja. Pero quiere ser bombera de montes jajaja

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Siii. La verdad que esa matización la tuvo clarísima desde la elección del nombre. Un saludo y gracias por estar aquí Cris.

      Eliminar
  2. Pues mira que Hugo cuenta cosas del cole pero de esto no teníamos ni idea! Nos encanta la elección!!!

    ResponderEliminar
  3. Qué bien poder acercarnos un poquito a su día a día en el cole!!

    ResponderEliminar