sábado, 13 de noviembre de 2021

ELIXIMOS PDI

    Aínda que somos os máis pequerrechos do Couceiro, no mes de outubro, participamos por primeira vez nunhas "eleccións" ben reais. Tratábase de decidir sobre que queriamos investigar durante este curso todos os compañeiros do cole ao mesmo tempo. 

    Visualizamos as propostas de Güino, o pingüín que coida os libros do Xardín do Pasatempo (a biblioteca do centro), que nos presentaron os nenos e nenas máis maiores. No vídeo explicáronnos as tres opcións: Camiño de Santiago, Cinema e televisión, e Arte. A algún de nós empezáronnos a vir á memoria palabras como mochila, cantimplora, bastón, lanterna, cores...

    Así que... deberiamos elixir unha delas pero vaia palabra tan rara...  INVESTIGAR.  A profe preguntou... que será eso de investigar??? e nesta foto tedes as nosas respostas. Chegamos a conclusión de que INVESTIGAR é BUSCAR.

 Pequerrechos... pero con moita sabedoría eh!!!.

Acto seguido cada un decantouse por unha temática e como vedes, na nosa aula houbo un "empate técnico" entre Camiño de Santiago e Cine.
Pois agora toca plasmar o noso voto nunha papeleta e... aquí nos tedes na tarefa:

E finalmente fomos depositar o voto na urna así que... co "documento colexial de identidade" (carnet da biblioteca de Güino) encamiñámonos a cumprir coa nosa obriga de alumnado comprometido coa búsqueda, o estudo e a aprendizaxe.

Va que non sabedes cal foi a temática elixida para investigar logo de ter votado todas as nenas e nenos do Couceiro???. 
Mágoa!!!. Pois non foi ningunha das que nós máis votamos. 
Foi... A ARTE, pero de seguro que acabará gustándonos moito porque aquí no cole SEMPRE APRENDEMOS... DIVERTÍNDONOS!!.
Consultade o enlace a Bibliocouceiro para saber máis de como se desenvolveu a xornada electoral http://bibliocouceiro.blogspot.com/2021/11/xa-temos-pdi.html

2 comentarios: