viernes, 12 de noviembre de 2021

MAGOSTO E PEÓN

 Esta semana festexamos o día do Magosto e o Peón. O tempo acompañou, así que pasamos unha mañá estupenda comendo castañas e bailando o peón coa axuda das profes. Pero antes diso, fomos á Biblioteca de Güino, a ler o manifesto do peón, e de paso que estabamos alí e co que nos gusta a lectura, aproveitamos para ler dous contiños que tamén nos gustaron moito.

Ademais, estes días veu á nosa aula Embudina, que fai maxia e se lle metes dez palillos transfórmaos nunha decena. Pero a condición é que tes que contar moi ben, porque senón non sae a maxia (incluso houbo algunha Vaquiña que pensaba que era eu a que lle poñía a gomiña para facer a decena...pero era Embudina!!!) Despois practicamos nós a facer decenas (con Embudina vixiando a ver se o faciamos ben) e saiunos perfecto!

E por último, metemos o outono e as súas cores nun bote! Gustoulles moito a actividade e fíxolles moita ilusión levala para a casa. Moito lles gusta experimentar ás nosas Vaquiñas!


































































6 comentarios: