martes, 21 de diciembre de 2021

PREPARANDO O NADAL!

CALENDARIO DE NADAL
Comezamos decembro, o mes de Nadal!. Estas datas tan especiais comezan na aula dos Bombeiros cunha especial Árbore de Nadal. Repartimos depresores de cor vermella a verde, cores representativas do Nadal e xuntos compuxemos esta orixinal árbore. Cada pauíño representa os 21 días que estaremos no cole antes das vacacións de Nadal e en cada un hai unha mensaxe que debemos ler para posteriormente facer ou pensar. Así que comezamos recoñecendo os números e practicando a súa orde para colocalo... así de ben!. Colocámolo tan alto que... tivemos que pedir prestada a Diego unha escada!. 


Comezamos: 
As respostas dos vosos pequenos e pequenas foron: debuxar, xogar na cociniña, xogar, xogar cos bonecos, estar na asemblea, ver que cada día hai dezaseis sorrisos na clase...
Algunhas mensaxes tocará realizalas na casa. Je,je!! 
E así ata rematar este primeiro trimestre.
DECORACIÓN DA AULA.
Para darlle un aire máis navideño á nosa aula decidimos decorar unha pequena árbore entre todos e... así nos quedou!. Gústanos moito chegar cada mañá e ver como escintilean as súas luces. 

PREPARANDO A NOSA ACTUACIÓN
Ademais dos ensaios correspondentes de cara á nosa participación na actuación de Nadal fixemos un adobío para lucir ese día. Tamén nos valería para completar a decoración das nosas casas. 
Aquí nos tedes... máns á obra!

FESTEXANDO XUNTOS
E xa para rematar, o último día, adicámolo a fotografarnos coas galas que nos propuxo o "snowman", a lembrar a nosa actuación visualizando o vídeo no que participamos todos os nenos e nenas do Couceiro, a compartir intres degustando doces típicos de Nadal e a xogar ao Bingo Navideño. Por certo... todos conseguimos completar o noso cartón!. Tivemos que estar moi atentos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario