martes, 7 de diciembre de 2021

TODOS OS DÍAS SON 25-N

 

Desde principio de curso na aula dos Bombeiros vimos danzando e cantando ao son dunha cantiga titulada "Somos amigos". Unha frase desta cantiga di que "xuntos xogamos, xuntos cantamos, xuntos saímos a divertirnos" e outra recórdanos que "aínda que ás veces nos enfadamos, nos axudamos e nos queremos". Nesta última dámonos unha grande aperta. 

Pois para a celebración desta data eliximos as APERTAS como xeito de amosar que o respecto e o bo trato entre as persoas debe ser o que nos una cada día. Unha aperta, un sorriso, unha man tendida... deben ser os lazos que nos unan uns aos outros. 

Como representar iso nun debuxo nos ocuparía moito espazo, xuntámonos a todos os compis do cole estampando a nosa pegada nunha fermosa árbore que nos esperaba na biblioteca de Güino. Alí aproveitamos para reflexionar sobre o que é a violencia e o que debe ser o contrario a ela. Escoitar o conto "O día das apertas" dounos pistas para entender como debemos tratarnos entre nós pero o que máis nos gustou foi esta GRANDE APERTA. 


Xa na clase fixemos o noso traballiño conmemorativo deste día:

No hay comentarios:

Publicar un comentario