domingo, 27 de febrero de 2022

COÑECENDO A ROSALÍA

 

O pasado mércores 23 de febreiro celebrábamos o aniversario de Rosalía de Castro. As Bombeiras e Bombeiros coñecimos a esta importantísima escritora galega partindo de situarnos en Galicia (aínda que nós somos de Pontedeume non de Galicia). Pouquiño a pouco iremos interiorizando como é iso de ser de dous ou máis sitios á vez 😊😊

Aprendimos que tiña un gran amor por Galicia e que escribíu moitísimo en galego (porque tamén sabemos que podemos escribir e falar noutras línguas: español, inglés, francés... ata sabemos dicir "bo proveito" en cada unha delas) 👍👍

Escoitamos unha poesía de Rosalía de Castro así coma unha canción moi fermosa porque Rosalía, tamén foi pequeniña coma nós.

Pero o máis bonito foi unirnos a todos os compis do cole decorando un sobre conmemorativo desta data para lembrala e dala a coñecer a todo o mundo (os sobres repartiranse a todo o comercio da vila). Nel dimos cor á súa imaxe e aprendimos a facer o R inicial do seu nome. Ademais no seu interior colocamos unha semente de faballón para deste xeito "SEMENTAR AMOR POR ROSALÍA" e que a sua persoa e obra se siga coñecendo por todo o mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario