martes, 1 de marzo de 2022

ENTROIDANDO!!

 

ADAPTACIÓN PERSOAL DA OBRA DE KANDINSKY "CADRADOS CON CÍRCULOS CONCÉNTRICOS", ASINADA POLAS NENAS E NENOS DA AULA DOS BOMBEIROS CO SEU NOME, UNHA MANGUEIRA QUE REPRESENTA A NOSA AULA E TRES PINGAS QUE SIMBOLIZAN O NOSO ANIÑO DE INICIO NO COLE DE MAIORES.

Que axiña pasa o tempo!. Rematando o mes de febreiro e xa no Entroido. Aquí amosamos a enerxía dos Bombeiros que non se renden ante nada. Nesta reportaxe queremos que vexades todo o noso esforzo para que as datas deste Entroido, a pesares de non poder gozalas en familia polas rúas da vila, fosen do máis divertidas e coloristas. 

Coloristas porque... as aulas das Margaridas e os Bombeiros escollimos a Kandinsky e os seus "Cadrados con círculos concéntricos" como obra para plasmar nas nosas camisetas dentro do PDI de Centro +Arte. 

Tivemos moito que traballar pero... valeu a pena. Adaptamos a clase para o taller e ata fixemos un pic-nic na hora da parva porque claro, despois había que continuar.

Os meus PARABÉNS para estes pequenos e pequenas pola sua ilusión, o seu bo facer e saber estar en cada momento gozando con todos os compañeiros do cole.

Ide vendo como se desenvolveron estes días na nosa aula:

PRESENTACIÓN DE KANDINSKY E DESENVOLVEMENTO DO TALLER:


O ESQUELETE MANOLO ANÍMANOS O ENTROIDO COS MANDADIÑOS:


DESFILE:

A DESCANSAR E A REPOÑER FORZAS PERO ANTES... PASARELA!:

LUCIMOS CARAUTA DE PELIQUEIRO-CIGARRÓN:
Estes días tamén nos diron para achegarnos ao Entroido Galego. Así coñecimos como se celebran estas datas nos diferentes lugares de Galicia e vimos a variedade de carautas e traxes cos que se desfila polas ruas porque... estas carautas e traxes teñen moitos anos e non se adoitan mercar nas tendas (coma os que vestimos nós de Capitán América, Frozen...) senón que se fan á man.
Mirade que chulas nos quedaron!. Decorámolas e eleximos o animal que máis nos gustou para pegar na pantalla.
E ATA AQUÍ... O NOSO ENTROIDO!. 
GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIAS E GOZADE DESTES DÍAS.
AH! NON ESQUEZADES QUE O XOVES DESPEDIREMOS AO ENTROIDO CO SEU ENTERRO E QUEIMA. OS PEQUERRECHOS PODEN VIR DISFRAZADOS DO QUE MÁIS LLES GUSTE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario