sábado, 5 de marzo de 2022

ENTROIDO

 Estes días estiveron un pouco atareados cos preparativos do Entroido. Por un lado, o MECO: cada día cunha cousa diferente para vir á escola. Ao Meco gústalle moito troulear e, a nós tamén.



Tamén estivemos PREPARANDO O NOSO DISFRACE. Este ano disfrazámonso dun cadro moi coñecido: "cadrados con círculos concénrtricos" de Kandisnky pero facendo a nosa propia adaptción.



Traballamos moitísimo e o resultado foi espectacular. Íamos guapísimos e, o máis importante, pasámolo xenial faceno as camisetas.




DEIXOVOS O VIDEO DA COMPORSA DE TODO O COUCEIRO.




E, finalmente, toca o enterro e queima do entroido. Nós fúmonos despedir do entroido até o próximo ano. Ata o ano que ven!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario