jueves, 28 de abril de 2022

COÑECEMOS... "O XARDÍN DO PASATEMPO"

 Aproveitando que estamos no mes do Libro Bomberiras e Bombeiros iniciamos a nosa andaina no empréstito de libros da nosa biblioteca escolar. 

Gustounos moito recibir de Güino os carnets para poder facelo e pola nosa banda comprometímonos a coidar e respectar cada libro que levemos para a casa (o noso compromiso vai suxeito xunto co noso nome na mochila coa que Güino nos agasallou). Iso supón que imos poder aprender moitas cousas deles, que imos gozar da compaña da nosa familia nesa aprendizaxe e que tamén outros nenos e nenas terán a oportunidade de facelo cando os devolvamos. 

A nosa visita á biblioteca do cole que se chama "O xardín do pasatempo" está distribuida deste xeito: imos cara á biblio amodiño e caladiños, sentamos nos cómodos sofás que hai alí mentres a profe coloca os carnets para que nos sexa doado atopar o noso e poder "marcar no ordenador" o libro que levamos, collemos o libro que máis nos gusta botando unha ollada á portada, interior e contraportada, unha vez que decidimos que libro nos gustaría compartir na casa vimos "marcarlo" co carnet na man e dicímoslle á profe o número de usuario (porque xa coñecemos todos os números), sentamos a ollar o libro esperando que os demais rematen de facer o proceso. Finalmente gozamos escoitando á profe coa lectura do libro que o encargado escolle.

Cando chegamos á clase colocamos o libro na mochila de Güino e gozar na casa do libro elixido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario