lunes, 2 de mayo de 2022

"SERESÍN, SERESÁN"


E chegou unha das celebracións máis fermosas do noso cole: OS MAIOS. Como aínda non sabiamos de que trata esta festa visualizamos un vídeo do curso pasado no que puidemos aprender en que consiste. 


O que máis nos gustou foi ver o desfile polas ruas da vila cargando co maio cheíño de flores e... quixemos intentalo. Aquí estamos:

MENOS MAL QUE O NOSO MAIO ÍA SEN FLORES PORQUE XA NOS PESABA MOITO!.

O divertido, sen embargo, foi pinchar as laranxas para colaborar na realización do fermoso maio que vedes. Aquí nos tedes en plena faena.

Unha vez rematada a nosa grinalda levámola a aula de psicomotricidade para entregarlla ás mestras encargadas de colocalas na estructura e que quedase moi bonita. Alí aproveitamos para coñecer diferentes tipos de flores e os seus nomes. Tamén nos demos conta do ben que arrecendía toda a aula co perfume de tantas flores.



E como a estación das flores e o bo tempo vivido nestas datas nos animaron a decorar a nosa aula aquí vedes que bonito nos quedou o noso maio "Seresín, seresán" e a nós ensaiando esta cantiga popular.




No hay comentarios:

Publicar un comentario