jueves, 23 de junio de 2022

REMATANDO O CURSO!

 Os nenos e nenas da aula dos Bombeiros estamos a piques de rematar o noso primeiro curso no cole de maiores. Este último mes presentouse cun montón de actividades das que gozamos moito. Coma sempre, no noso cole, aproveitamos calquera invitación a aprender, xurdida desde o propio cole ou desde outras institucións.

LAND ART

Como remate final do PDI deste curso adicado á Arte unímonos ás demais aulas de infantil para producir "Arte coa terra". Neste caso con materiais naturais. Aquí nos tedes coñecendo de que trata e producindo o noso Land Art colectivo.

BASKET FEMININO

Aproveitando a celebración na nosa vila do Campionato de España de Baloncesto feminino achegámonos ao pavillón e poidemos gozar deste deporte. Pasámolo moi ben aplaudindo cada canastra e animando ao equipo que levaba... menos puntos.


TEATRO "O CUBO"
A compañía de teatro O cubo fíxonos gozar o último día de cole cos seus malabares, piruetas e maxia. Foi unha sensación especial a que sentimos diante deste artistas. Coido que tanto os nenos e nenas como a profe quedamos encantados. Mirade as nosas cariñas. 

GRADUACIÓN DOS MAIORES DO COLE
Non sabiamos o que era unha Graduación ata que vimos aos nenos e nenas máis grandes do cole moi elegantes, recollendo un diploma e actuando para todos nós. Tamén o fixeron as suas mamás e todos... estupendamente!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario