domingo, 19 de junio de 2022

VAMOS A LA PLAYA, OH, OH-OH-OH-OH!!

Estas últimas semanas de cole están cheas de sorpresas!. 

A verdade é que logo de dez meses adapatándonos a un novo espazo, coñecendo novos amigos e á profe, traballando a tope e aprendendo moito, xa estamos preparados para gozar xuntos de calquera experiencia. 

Todo este tempo servíunos para cohexionarnos como grupo estando pendentes uns dos outros, axundándonos e sobre todo, cada día, APRENDENDO A QUERERNOS.

Esta xornada na Praia de Zopazos foi a clausura deste curso dun xeito lúdico e distendido no que, en grupo e individualmente, conectamos con un dos entornos máis fermosos que temos ao noso carón: area, auga, seres vivos... en definitiva NATUREZA QUE NOS INVITA A SENTIR E RELAXARNOS.

Os vosos pequerrechos e pequerrechas souberon aproveitalo fenomenalmente e tamén cumprir as normas establecidas previamente. 

Así que, sen dubilado, para o vindeiro curso, máis e mellor. 

PREPARATIVOS

Para gozar deste día que mellor que vir coa indumentaria axeitada. Aquí nos tedes espíndonos e poñendo as chanclas. Eso sí, deixamos super colocados roupa e calzado na nosa cadeira para poñer á volta. 👌👍

Algún que non estaba moi animado coa experiencia observaba tratando de convencerse.👨👨

Finalmente Pablo botoulle valor... e aí o tedes decicido! ✌

E xa preparado!
Mentres non chegaba a hora de marchar aproveitamos para aprender palabras en inglés sobre a roupa que levabamos. Aquí nos tedes coa profe Cris.

RUMBO A ZOPAZOS!!
Tito e Dora xa nos tiñan ensinado na escola como debemos camiñar pola rúa. Así que, tanto na saída aos xardíns de Lombardero como á praia de Zopazos puxémos en práctica o aprendido.
CHEGAMOS A ZOPAZOS. TOCA DISFRUTAR!.

ADEUS ZOPAZOS!!.
Que ben o pasamos!. De seguro que neste verán aproveitaremos momentos coma estes.
AGORA UNHA "MEDIA DUCHA" QUE NOS LIBERE DE TANTA AREA! E... A RECUPERAR FORZAS.
Despois de quedar ben limpiños pic-nic compartido no xardín do cole e como non... xogo no patio!.

E... ATA AQUÍ A NOSA XORNADA DE PRAIA!!.

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN TANTO NESTA COMA EN TODAS AS PROPOSTAS DESTE CURSO.
AÍNDA QUE DIFÍCIL PARA TODOS PENSO QUE O SUPERAMOS CON ILUSIÓN E ESPERANZA, SEMPRE.

PARA VÓS E PARA OS VOSOS PEQUES... UN APLAUSO BEN FORTE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario