miércoles, 15 de junio de 2022

SAÍDA PRAIA DE ZOPAZOS

ÍMOS Á PRAIA


Seguimos coas sorpresas de fin de curso, esta vez, fumos á praia de Zopazos a facer castelos de area e xogar na praia cos amiguiños e amiguiñas do cole.

Foi unha mañá espectacular, o tempo acompañounos xa que non fixo un sol abafante  pero facía caloriña.

As margaridas portáronse xenial, tan ben o fixeron que lles deixamos achegarse á beiriña da auga para poder coller eles e elas a auga nos seus caldeiros.


Polo camiño:


Na praia:





























Xa de volta na clase e despois de sacarnos todas as areas... menos mal que dentro da clase temos pileta. 😀😀😀

Toca repoñer forzas cunha boa parva ao aire libre, collemos as mochilas e...merendamos de camping. 

BO PROVEITO!!!











 A verdade é que temos a mellor profesión do mundo. Ver a cara de felicidade e de ilusión dos nosos pequenos e pequenas ante estas actividades e compartir con eles e elas estes momentos non ten prezo. 

SON UNS AMORES!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario