viernes, 17 de junio de 2022

SAÍDA A ZOPAZOS E MÁIS

Xa estamos na última semana deste curso, que pasou rapidísimo! E as nosas Vaquiñas xa están a punto de converterse nos maiores de Infantil (un título que están desexando adquirir!)
Déixovos as fotos dos castelos de area en Zopazos e tamén dos aniversarios de Iandel, Ara, Carlota e Aine!
E ao igual que o curso pasado, tamén fixemos balance do que máis nos gustou este curso. Sen dúbida, gañaron as excursións! E eu quedo con cada un dos momentos vividos na nosa aula. Recordo de forma especial a relación de amistade que teñen, os seus valores; o cariño, o coidado e os ánimos que lle transmitiron a Luís cando se operou; a súa bondade, a motivación e as ganas que teñen de aprender! 
Por último, agradecervos ás familias a nosa sorpresa de hoxe, que nos gustou moito a todos/as, e agradecervos tamén todo o apoio e a colaboración no día a día, que tamén contribúe a que esta sexa unha aula marabillosa.

Feliz verán!

PD1: Déixovos as recomendacións lectoras para o verán, e a Revista Abrente, na que veñen actividades levadas a cabo durante o curso nas diferentes aulas da escola.
PD2: As recomendacións para o verán son as mesmas que as do curso pasado, xogar, disfrutar e pasar moito tempo rodeados da xente que queremos!

Unha aperta enorme!




































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario