viernes, 16 de septiembre de 2022

COMEZAMOS!

 Xa botaba moito de menos a nosa comunicación a través desta pequena fiestra, que vos permite ver o día a día dos vosos pequenos e pequenas, e que a eles/as lles axuda a lembrar todo o que fan ao longo da semana. Este curso véxoos moi maiores, e segue a haber un ambiente de compañeirismo que fai que sexa unha aula estupenda.

E así foron os nosos primeiros días, con novas construccións, dedicando un recunchiño aos Mómaros, que ben o merecen (seguen emocionados/as coas Festas das Peras, as atraccións, o Galán, os Mómaros...); cos puzles de 100 pezas , que lles encantan e cando o rematan sempre piden unha foto; coa area máxica, que tamén tivo moito éxito (teremos que probar unha receita caseira, que seguro que nos sae moi ben) ou cos xogos de mesa, esta semana o Abejitas zoom zoom. Por último, tamén estreamos a nosa libreta de maiores, na que escribimos o título dos contos que lemos a diario e facemos un debuxo. Co que lles gusta debuxar, están quedando preciosas!

Nos próximos días iremos engadindo máis recunchiños, actividades e novos xogos de mesa. 

Agardo que este novo curso veña cheo de xogos, actividades e motivacións!



















































No hay comentarios:

Publicar un comentario