viernes, 23 de septiembre de 2022

XOGANDO MOITO!

 Esta semana seguimos xogando e experimentando (que moito nos gusta). Fixemos a nosa propia receita da area máxica, que non quedou nada mal, e o importante é que disfrutamos moito. Despois escribimos os ingredientes para que non se nos esqueza o que levaba!

No recunho da Fábrica de palabras, intentamos formar palabras, ler  e escribir (cada un ao seu ritmo).

Colocamos a táboa do 100 entre todos/as e iremos facendo xogos, neste caso recoñecendo os números, para isto miramos de que familia son e a partir de aí intentamos atopar o número (se non o conseguimos, sempre hai alguén disposto/a a axudarnos!).

E hoxe chegou á nosa aula un novo xogo de mesa, ABC dring (ao igual que o curso pasado iremos incorporando pouco a pouco, que a profe non para de atopar xogos interesantes!). Neste caso a partir dunhas tarxetas con ilustracións, teñen que buscar obxectos que empecen pola letra ou letras que se lles presentan e co cal traballamos habilidades tales como a ampliación de vocabulario, a axilidade mental ou o recoñecemento de fonemas. Gustoulles porque ten un timbre que debes pulsar cando atopas unha palabra!

Ollade que entretidos/as estivemos!















































































No hay comentarios:

Publicar un comentario