viernes, 30 de septiembre de 2022

RESTAS!

Esta semana preparamos un recunchiño para facer restas, e a verdade é que lles gustou moito e foron moi autónomos á hora de facelas! 

Tendo en conta que a semana pasada cambiamos de estación, estes días estamos empezando a facer algunha actividade do outono, neste caso tiñan que buscar e ordenar as letras das palabras do outono e despois escribilas. Aínda non nos deu tempo de facelo a todos/as, así que para a semana próxima seguiremos con este xogo.

E estes días chegou á nosa aula un novo xogo de mesa, Coïnx, é parecido a un Tetris, que trae unhas tarxetas con diferentes retos (cada vez con máis dificultade), na que teñen que ir colocando as pezas no tableiro según as pistas que nos van dando as tarxetas. Estiveron probando e gustoulles moito, para a semana seguiremos practicando, xa que con el traballamos habilidades como a lóxica, a orientación espacial, a atención, concentración, cooperación e axuda mutua. 

E xa para rematar, déixovos un vídeo que lles fixo a Profe Sonia o mércores, cando xa marchabamos para a casa. É que as nosas Vaquiñas levan desde a Festa das Peras co ritmo no corpo! En calquera momento se soltan a cantar por bulerías! Espero que vos guste!






































No hay comentarios:

Publicar un comentario