A nosa semana de Samaín foi moi divertida! Pero unha das cousas que máis ilusión nos fixo esta semana, foi a visita de Roi, o irmá de Aine, que veu a contarnos un conto (retomamos unha actividade do Equipo de Dinamización da Lingua, Lemos ós máis pequenos/as, e que nestes últimos anos non se puido levar a cabo por mor da situación de pandemia).
Na mesa sensorial fixemos sumas terroríficas! e despois aproveitamos para xogar.
Lemos varios libros terroríficos (Rufus, Mis más terribles pesadillas, Cómo hacerse amigo de un fantasma ou La casa encantada). Gustáronnos moito, e cun deles La casa encantada, pintamos con témpera nunha estructura que nos deixou a profe Sonia e que nos motivou moito (fixeron uns debuxos preciosos).
Hoxe, na lectura ás escuras tamén lemos Monstruo, no me comas.
Outra das actividades desta semana foi a elaboración dunha araña que daba moito medo!
E por último, un monstro que nos levou varios días: primeiro botamos unhas gotas de témpera mesturada con auga para que estivera máis líquida e despois sopramos para poñerlles caras monstruosas, deixamos secar e colocámoslle ollos e boca. Quedaron moi bonitos!
E hoxe, disfrutamos moito cos disfraces e coas cabazas! Ollade a nosa semana terrorífica!
PD: Unha aperta especial para o noso Diego, que tiña moita ilusión co día de hoxe e ó final non puido vir ao cole! Pero acordámonos moito del!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario