viernes, 21 de octubre de 2022

ADIANTÁNDONOS Ó SAMAÍN!

 Esta semana xa estamos moi nerviosos/as pensando en que chega o Samaín e que nos imos disfrazar, traer as cabazas decoradas... Así que para ir empezando con estas datas, fixemos un recunchiño na Fábrica de palabras, no que tiñan unha imaxe e as letras para poder formar as nosas palabras terroríficas e despois escribilas. Gustoulles moito, sobre todo ter que atopar a imaxe e sacar as letras dun ataúde!

E tamén estivemos decorando unhas bruxas moi divertidas! Fíxolles moita ilusión levalas para a casa!!!

Para a semana máis actividades de Samaín!






















































No hay comentarios:

Publicar un comentario