viernes, 14 de octubre de 2022

SEGUIMOS XOGANDO E APRENDENDO!

 Estes días xogamos en dous recunchiños novos: un de grafomotricidade, que sempre lles gusta e de paso axúdalles a mellorar a motricidade fina e a fomentar a creatividade ou a atención; e hoxe tamén xogamos un pouquiño coas mates, de xeito que primeiro de forma manipulativa deben descompoñer un número (facer posibles combinacións de sumas que podemos obter dun só número), e despois serviunos para facer ese sol co número 8!!!! Non sempre lles resulta doado, e de aí a importancia de facelo manipulativamente para que o entendan mellor (e para respectar o ritmo de cada neno/a).(Teño que darlle as grazas á compi Sonia pola idea deste recuncho tan bonito). Despois desta sesión, houbo compis que se animaron a facer soles pola súa conta, e tamén sumas con palillos, o cal ten moito mérito, tendo en conta que era a última hora do venres!!! 

Coñecedes os xogos de Brazolinda? Esta semana chegou á nosa aula O Mosaico, e nun principio pareceulles difícil, pero cada vez anímanse máis e xa lles vai saíndo mellor. Para a semana seguimos practicando!

E por último, pintamos con témpera e limpacristais en cartolina. Cando seque pegarémoslle folliñas do Outono. Para a semana o resultado!

















































































No hay comentarios:

Publicar un comentario