viernes, 11 de noviembre de 2022

MAGOSTO E PEÓN

 Esta semana tiñamos moitas ganas de que chegara o venres, porque nos facía moita ilusión que viñeran as nosas familias ó cole! E hoxe foi un día moi bonito, no que, despois de dous anos, as familias nos acompañaron. Primeiro comemos as castañas no patio de arriba e despois intentamos bailar o peón! Foi unha mañá moi bonita. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

Ao longo da semana tamén estivemos moi entretidos formando novas palabras coa ruleta, e con novos xogos de mesa que nos fan pensar moito: Xeometrías, de Brazolinda (xa vos teño falado desta marca), no que teñen que ir formando mosaicos facendo cadrados da mesma cor. Con este xogo favorecemos a concentración, a colaboración e a atención, así como a iniciación ao mundo da xeometría. E o xogo dos Tres Porquiños, un xogo de lóxica (traballa a orientación espacial, a observación, atención...) que ten varios retos (cada vez máis complicados), no que deben colocar as casiñas de xeito que o lobo non poida atrapar os porquiños. 

Por último, e tendo en conta que este ano o PDI é moi viaxeiro, hoxe chegou á nosa aula un puzle co mapa do mundo para que vaiamos pouco a pouco coñecendo distintos lugares. Coa profe Sonia en Tic viaxaron co Google Earth e viron moitos lugares, monumentos...
























































































No hay comentarios:

Publicar un comentario