Esta semana estivemos reflexionando sobre os Dereitos da Infancia, tendo en conta que o domingo se conmemora este día. Falamos sobre os dereitos que consideraban que deben ter os nenos e nenas, e saíron ideas moi bonitas (coma sempre). Ademais, entre todos os contos que lemos esta semana, Ara trouxo un que tamén nos axudou a reflexionar sobre a importancia do respecto e o cariño entre iguais, Invisible.
Puxemos tamén un recunchiño novo na aula, para que poidan escribir mensaxes aos seus compañeiros/as. Hoxe iamos ler as mensaxes e esquecémonos! Para o luns sen falta lemos o que escribiron!
E por último, hoxe démoslle unha aperta moi grande a Anahí, que marcha a Paraguai a visitar a súa familia! Aproveitamos para mirar no mapa e ver o lonxe que queda de Pontedeume... Agasallámola cunha pulseira para que se acorde moito de nós. Esperámoste á volta de Nadal!!! Disfruta moito, pequena!!! Querémoste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario