AS MARGARIDAS BERRAMOS NON MAIS VIOLENCIA!!
Con motivo do 25 N, día contra a violencia de xénero, Margaridas e Bombeiros xuntáronse para reivindicar que non queremos máis violencia, queremos un mundo cheo de paz no que todos, nenos e nenas, homes e mulleres, sexamos iguais e poidamos levarnos ben. Non queremos máis violencia.
Sabemos que a violencia pode ser física, que é moi doada de ver, ou pode ser verbal como cando insultamos a alguén e ferimos os seus sentimentos. Esta última é máis dificil de ver pero existir existe.
En ámbas as dúas acabamos mancando a alguén e iso non pode ser. Por iso, ímos debuxar uns corazóns e uns sorrisos para lembrarnos todos os días que a mellor maneira de vivir con alegría é cultivando os nosos corazóns con amor e, ao sustituir palabras horribles por palabras doces e cálidas tamén conseguiremos abrandar o resto dos corazóns do mundo.
POR UNS CORAZÓNS CHEOS DE LEDICIA E AMOR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario