Esta semana As Vaquiñas xa están moi nerviosas, porque se achega o Nadal, e con el os regalos, a familia... Na clase seguimos aprendendo moito. Hoxe fixemos unha árbore para decorar a nosa porta da aula, e cada un escribiu unha palabra relacionada con estas datas. Tamén preparamos un recunchiño de Nadal: nun bote colocamos adornos navideños con neve e tiñan que escribir o que atoparon no bote.
Temos un xogo de mesa novo na aula, Rush Hour. Gustoulles moito, e algúns xa o coñecen. Teñen que colocar os coches de tal xeito que poida saír a ambulancia (con el traballamos aspectos como a lóxica, a concentración ou a resolución de problemas).
Seguimos avanzando na táboa do 100 e esta semana contamos de 5 en 5. Ademais, tamén colocamos unhas cometas para contar de 2 en 2, 3 en 3 e 4 en 4, moi pouco a pouco e cada un ao seu ritmo.
Por útlimo, envíovos o vídeo do 25N. O luns xuntámonos toda a escola no patio de Primaria para bailar xuntos/as e para unirnos contra a violencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario