jueves, 22 de diciembre de 2022

O PDI DE MARGARIDAS E BOMBEIROS "COUCEIRISTAS POLO MUNDO", NO PRIMEIRO TRIMESTRE E FELICITACIÓN DE NADAL.

 Desde a clase das Margaridas e dos Bombeiros o noso obxectivo é globalizar o traballo do P.D.I "Coiuceiristas polo mundo" aproveitando todas as actividades que se realizan no cole. A temática escollida para levar a cabo o proxecto nas nosas aulas trata sobre "A alimentación no mundo". 

Comezamos o traballo utilizando o diálogo como ferramenta de escoita, tolerancia e respecto para coñecer os costumes alimenticios de todos nós. Posteriormente quixemos facer partícipes do proxecto ás nosas familias que nos axudaron a coñecer cal é a comida preferida de cada unha. Unha gran labor de colaboración familia-escola pois, en moitos casos, poidemos vernos axudando a preparar a nosa comida favorita. Pouco a pouco e con este proceso estámonos a dar conta de que hai unha morea de comidas que son orixinarias de diferentes lugares do mundo. Preguntámonos o por que e, actualmente, estamos nesa etapa da investigación. Á volta das vacacións seguiremos pescudando nesta e noutras cuestións pero mentres...

Aproveitando todo o anterior e este tempo de Nadal, decidimos "viaxar polo mundo" de dous xeitos:

PLÁSTICAMENTE: REALIZANDO A BASE DA NOSA ÁRBORE DE NADAL.

Partimos da bola do mundo, globo terráqueo ou esfera que "vira con nós e cos nosos anos" cada vez que estamos de aniversario. 

Aínda que moitos xa sabemos que o que aparece en cor azul é mar e o que aparece en marrón ou verde é terra, non sabiamos que eses anacos de terra máis grandes teñen nome, así como os mares. Chegamos así a coñecer OS CONTINENTES: ASIA, AMÉRICA, AFRICA, EUROPA, OCEANÍA E A ANTÁRTIDA. De aí nos xurdíu a idea de, respetando os tamaños dos continentes formar os pisos da nosa árbore de Nadal. Achegámonos aos países máis significativos de cada continente e ás características das suas xentes para finalizar estampando a nosa pegada multicolor en cada continente. Quixemos facer un achegamento á riqueza que é compartir cos demais, nalgún momento, o planeta de todos. Dado que foi unha actividade conxunta entre as dúas aulas tamén nos servíu para coñecer que algúns de nós ou as nosas familias chegaron a Galicia vindo doutros países.   












Velaquí os nosos debuxos sobre os nenos e nenas do mundo xogando xuntos no Nadal.

MUSICALMENTE: COÑECENDO PANXOLIÑAS E DOCES DE NADAL ARREDOR DO MUNDO.

Avanzamos un chisco máis... e tendo en conta que tiñamos que comezar cos nosos ensaios para a actuación no festival do cole, aproveitamos que nas nosas conversas alguén aportou o seu coñecemento sobre as diferentes linguas do mundo. I é que no mundo non falamos todos a mesma lingua: hai quen fala, inglés, galego, chinés, suaxili, español, xaponés, alemán, sueco...  Pero eran moitos IDIOMAS! así que decidimos agrupalos nos PUNTOS CARDINAIS

Vaia!! dúas palabras novas... 


Ao final non son tan difíciles de entender pois refírense ao polo NORTE (onde habitan os osos polares), ao polo SUR (onde habitan os pingüíns), ao LESTE (onde sae o sol) e ao OESTE (onde se pon o sol). E como estamos no Nadal... buscamos cantigas propias destas datas nestes catro puntos cardinais e o certo é que aprendimos moito delas: 

- Que en Suecia, no norte, inician as celebracións de Nadal coa festa da luz que representa Santa Lucía porque o día 13 de decembro, como aquí en Galicia temos o refrán "Por Santa Lucía mingüa a noite e medra o día"... alí por estas datas, ás dúas da tarde xa é noite pecha e festexan así que, a partires deste día o tempo de luz se vai facendo maior. Como as candeas que alumean con forza na cabeza da "Lucía sueca" que desfila pola rúas acompañada de estrelas e carapuchos, anunciando a chegada do solsticio de inverno. Aproveitando esta data é tradición sueca elaborar un doce de azafrán chamado Lussekatter

E... tamén tivemos moita sorte! poidemos ver por vídeo-chamada á filla da profe Dámaris (MiniDámaris) que está estudando no país de Papá Noel e contounos e ensinounos como está ese lugar nesta época do ano: cheo de neve, coas árbores espidas, o río conxelado, a xente en bicicleta, o son da neve e UNHA FOLERPA DE NEVE COA SÚA FORMA TAN CARACTERÍSTICA!!.

- Que en América, no oeste, que é por donde se pon o sol, habitaron indios e vaqueiros: cos seus tipis, os seus lazos, os seus cabalos, as vacas e... os pantalóns vaqueiros (moi fortes e resistentes para aguantar o trote dos cabalos e o traballo no campo!. Aquí gustan moito de preparar unha galletas bastante coñecidas entre nós, ou polo menos a sua forma de boneco. Son as Galletas de Xenxibre.

- Que en Xapón, o país do sol nacente, no leste: hai moita xente, moitas illas e uns trens que se chaman "trens bala" porque son moi rápidos. Alí polo Nadal adoitan comer Torta de amorodos. É o seu doce típico.

- Que en Africa, no sur, está a selva, a sabana, o deserto, as xirafas, os leóns, ríos con moita auga, lagos e hipopótamos. Aquí os nenos e nenas sempre teñen o sorriso na cara e por estas datas encántalles comer Plátano fritido

O certo é que estamos a gozar moito con todo o que aprendemos e sobre todo coas danzas que preparamos e ensaiamos para o festival. 

Aproveitamos a ocasión para agradecervos a colaboración no día a día da aula e desexarvos a todas as familias de Margaridas e Bombeiros:

BO NADAL E VENTUROSO ANO 2023!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario