ÁS MARGARIDAS GÚSTALLES A MÚSICA
Como xa saabedes, este ano somos as propias titoras as que impartimos a hora de música.
Dende sempre, como mestras, introducíamos de maneira globalizada a música dentro das nosas sesións mediante cancións, bailes, xogos,... pero ademáis a mestra de primaria especializada na expresión musical acompañaba tamén aos máis peques durante unha sesión semanal.
Este curso, os horarios non no lo permitiron, pero aínda así quixemos manter latente esa sesión semanal coas nosas margaridas e bombeiros. Para iso, partimos da idea de centrándonos no outono para estas sesións e, que mellor maneira que da man do compositor e violista Antonio Vivaldi.
Aquí podedes ver un pequeno resumo desas sesións.
A súa música permitiunos RELAXARNOS escoitándoa e tentando comprendela.
Unha vez que xa nos familiarizamos con ela, PINTAMOS AO SON DA MÚSICA UNHA PAISAXE OTOÑAL
Outra actividade foi SEGUIR O MUSICOGRAMA DO OUTONO DE VIVALDI.
Tamén fixemos IMPROVISACIÓN como os grandes músicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario