sábado, 4 de febrero de 2023

DÍA DA PAZ

  Van pasando os días e xa case rematamos o mes de Xaneiro pero non sen antes celebrar o  DÍA MUNDIAL DA PAZ.

Nesta ocasión queremos destacar as dúas actividades que lavamos a cabo para esta celebración. A nivel de centro escolleuse a cantiga "EU TEÑO ALGUÉN NO MEU CORAZÓN" para cantala  e representar parte dela con linguaxe de signos no patio do cole. Para iso, primeiramente, pensamos en alguén que queiramos moitísimo e polo que vale a pena desexar sempre a paz. Se nos detemos un pouco a pensar, todo o mundo ten alguén no seu corazón polo que lle gustaría que houbese paz en todo o mundo. Pois ben, este é o noso resultado.






Seguidamente, cando queremos desexar a paz, ademáis dos actos que realizamos que son o principal signo do noso desexo , podemos expresalo en diferentes idiomas. Á clase das maragaritas tocounos dicilo en francés:

PAIX À TOUS AU MONDE

(PAZ PARA TODO O MUNDO)


Seguindo co noso PDI e, aproveitando esta data, quixemos recordar que no mundo existe diferentes razas, diferentes culturas, diferentes crenzas,... pero aínda así todos podemos vivir xuntos respetándono e axudándonos uns aos outros, EN PAZ.













No hay comentarios:

Publicar un comentario