Esta semana xa estivemos con actividades relacionadas coa Paz, que a pesar de que se celebra a nivel de centro, nós sempre facemos algunha cousiña tamén na aula. Neste caso, a actividade leva por título "O que máis me gusta de ti". Cada neno/a expresou o que máis lle gustaba dun compi e escribiuno. O resultado non puido ser máis bonito! Encantoulles compartir esta experiencia, intercambiar impresións e verse nas fotos! Tamén levamos a cabo unha actividade de grafismo, que titulamos "Baixo o mesmo sol" (e idea da profe Carlota!!!).
Temos un recunchiño novo cos story cubes! Aínda estamos probando, e penso que por agora lles gusta máis levala a cabo de forma oral, que tamén é importante para trababllar a expresión oral, a creatividade ou a imaxinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario