viernes, 24 de marzo de 2023

ANIVERSARIO CLARA E SEMANA DA POESÍA

Esta semana celebramos o Día da Poesía. A través de Güino encargóusenos escribir unha poesía nunha maleta viaxeira e hoxe recitámola no patio de Primaria, e tamén escoitamos as do resto de compañeiros/as do centro.

E como na nosa clase intentamos que a poesía estivera presente durante estes tres anos, decidimos facer fotopoemas, a partir de varias fotos, inventamos poesías. Costounos un pouquiño, pero quedaron uns poemas moi bonitos, que agora adornan a nosa cristaleira.

Tamén preparamos un recunchiño no que tiñan que ler palabras e atopar as que tiñan rima. Despois escribíronas. E a profe Sonia, ó vernos tan metidos no mundo das rimas, deixounos un xogo no que tiñamos que asociar os debuxos segundo rimaran. Gustounos moito e seguiremos xogando con el a semana que vén!

Chegaron tamén á nosa aula uns rotuladores de xel e témperas sólidas, que nos serviron para facer uns debuxos preciosos (xa sabedes que as nosas Vaquiñas lles encanta o mundo artístico!).

E seguimos celebrando aniversarios, porque estes pequenos fanse maiores! Hoxe tocoulle a Clara, que xa ten 6 aniños!



























































No hay comentarios:

Publicar un comentario